PASOS PARA REXISTRARSE NA PÁXINA (SÓ PARA OS/AS QUE NON ESTADES REXISTRAD@S):
1º. DARLLE Ó BOTÓN DE REXISTRO QUE APARECE NO MENÚ DEREITO (2º cadriño) DEBAIXO DE NOME DE USUARIO E CONTRASINAL.
2º. CUBRIR OS DATOS:
-Nome a mostrar: Este é o nome que se mostrará na páxina cando esteades conectadas. Podedes poñer o que querades, preferiblemente algo que vos identifique (non poñades Angelina Jolie, Carmen Sevilla ou Lola Flores), tampouco poñades SIGLAS, nin acrónimos... simplemente con poñer o voso nome estaría perfecto.
Exemplo:
-Nome de usuario: Este é o nome que usaredes para acceder ós contidos da páxina. Poñede algo fácil do que vos acordedes, e non metades apelidos, que non é necesario.
O nome que escollades aquí vai ser o que teredes que meter no recadriño de "Usuario" cada vez que querades entrar na páxina.
Exemplo: Nome de usuario-marta.
-Nome real: Este é o voso nome real..., valga a redundancia. Aquí si que tedes que meter o nome completo e os apelidos.
Exemplo: Nome real-Marta Pérez Murado
-Contrasinal: Aquí tedes que meter unha contrasinal. Non vos compliquedes moito que despois é moi difícil acordarse, e eu aí si que non podo facer nada, que non teño acceso ás contrasinais para poder axudarvos...
-Re. Contrasinal: Repetir a mesma contrasinal que puxestes antes... está claro, non?
-Dirección email: Escribide a vosa dirección de correo.
-Re-escriba a dirección de correo: Pois iso: reescribir a dirección de correo.
-Ocultar email?: Aí non toquedes nada, a non ser que queirades ensinarlle o voso email a todo o mundo, entón teriades que marcar a casilla de "NON"...
-Subscrito a: Aí tampouco toquedes, iso xa o fago eu.
-Firma: Isto é opcional: se queredes poñer o voso nome, podedes, e se non dá igual.
-Avatar: Isto tamén é opcional pero non custa nada escoller un "monigote" que vos guste para alegrar un pouco máis a páxina :-D
Se queredes escoller un dádelle a "Mostrar".
-Zona Horaria: Aquí tampouco toquedes nada.
-Código: Aquí tedes que copiar exactamente os números que aparecen no cadriño. Exemplo:
UNHA VEZ COMPLETADO ISTO DÁDELLE A "REXISTRO" :
3º. IR Ó CORREO (Ó MESMO QUE PUXESTES Á HORA DE CUBRIR OS DATOS) E TEREDES UNHA MENSAXE DE @cantardelas.com.
ABRIDE ESA MENSAXE E O ÚNICO QUE TEDES QUE FACER E UN CLIC NO ENLACE QUE APARECE. É UN ENLACE DESTE ESTILO: http://www.cantarelas.com/signup.activate.36.c5f17c53cea9af0853028780737ea985.
4º. UNHA VEZ FEITO ISTO XA ESTAREDES REXISTRADAS E SÓ TEREDES QUE METER O NOME DE USUARIO E A CONTRASINAL (PUNTO 2) PARA ACCEDER ÓS CONTIDOS.
NORABOA!!!!!!!
23-Oct ás 22:00

