CONCERTO DE SANTA ICÍA

Con motivo da celebración de Santa Icía, patroa da música, o 22 de novembro de 2022, a partir das 20:00 horas, nove coros de Lugo, reuníronse na Catedral, para dar un concerto de celebración, nunha misa cantada “V Eucaristía Solemne” na que cada coro interpretou unha peza de carácter relixioso.

 Cantar Delas interpretou a peza de Josu Elberdin, titulada “Beata es, Virgo María” dirixida por Fernando Gómez Jácome, que tamén dirixiu a tres coros máis: Solo Voces, Lugth e O coro do Hospital.

Unha cita musical que se repetía ao día seguinte, ás 23:30, no concerto “In festo Sanctae Ceciliae” tamén na catedral de Lugo, cos grupos: Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández Mosquera, O coro do Hospital, Solo voces, dirixidos por Fernando Gómez Jácome e  Concentus Lucensis, dirixido por Julio Mercati e acompañado ao órgano por Nicolás Varela.

Todos os asistentes a estas xornadas, poideron disfrutar da boa música coral na Catedral de Lugo, na honra de santa Icía.