CONCERTO EN RIBADEO

Ribadeo era e é a porta de entrada para os peregrinos que viñan e veñen polo camiño norte para chegar a Santiago de Compostela e polo tanto fonte musical xacobea e canle transmisora das numerosas manifestacións artísticas e culturais.

Neste día 18 de decembro de 2022, cunha actuación no auditorio Narval Hernán de Ribadeo, na Mariña lucense, rematamos o ciclo de concertos “Carmina Viarum” dedicados ás cancións do camiño de Santiago, interpretando un conxunto de composicións relixiosas e profanas nun percorrido que vai dende a Idade Media ata a actualidade. O concerto final estivo patrocinado pola área de cultura da Deputación de Lugo.