CONCERTO NA POBRA DO BROLLÓN

O pasado sábado, día 12 de novembro, na Pobra do Brollón, concello da provincia de Lugo, situado no sur da provincia que forma parte da Ribeira Sacra, o coro, Cantar Delas, dirixido por Fernando Gómez Jácome, presentou o seu proxecto musical sobre cancións do camiño de Santiago, titulado “Carmina Viarum”

O concerto tivo lugar na igrexa parroquial, interpretando para todos os asistentes, cantos dos camiños, composicións musicais relixiosas e profanas nun percorrido que vai da Idade Media a actualidade.