PANXOLIÑAS POLA RÚA

Raro é, nestes días do nadal, saír á rúa e non sentir cantar as corais de Lugo. Como en distintos países europeos, cantar panxoliñas nas rúas de Lugo está a ser unha tradición.

Os días 12 e 19 de decembro tocoulle a CANTAR DELAS encher as rúas de Lugo de cantos de Nadal. Neste evento organizado e patrocinado pola área de cultura da Deputación de Lugo, as vintecinco voces femininas dirixidas por Fernando Gómez Jácome, interpretamos un conxunto de panxoliñas de distinta procedencia: galega, vasca, francesa, catalana, arxentina… que amenizaron distintas plazas do casco histórico de Lugo. A pesares do frío e da choiva, o ánimo musical non decaeu e o público parou a escoitar e disfrutar,  con nós, dos nosos cánticos de nadal.