A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; Manuela Lema e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes, estas tres últimas das Pendeireteiras de Mens (Malpica).
Cantar Delas súmase á homenaxe e salienta estas palabras da Institución:
“A lingua galega continuou viva durante séculos, malia as prohibicións e a súa desaparición do espazo oficial, porque o pobo galego a custodiou. En particular as mulleres preservaron a lingua e crearon anónimamente unha poesía popular transmitida nas cantigas das avoas ás netas, das nais ás fillas, dunhas veciñas a outras”…
Na historia da humanidase faltan as páxinas das aportacións femininas á construción
cultural e social. Mulleres escritoras, filósofas, pintoras, científicas e compositoras foron
esquecidas, ignoradas e silenciadas por unha sociedade construída en masculino que relegou as mulleres a un papel secundario, negándolles o acceso á educación e atribuíndolles como rol fundamental o reprodutivo e o ámbito privado. Confinadas no xineceo do silencio, as mulleres
compositoras e intérpretes foron invisibilizadas e aínda hoxe, silenciadas. A ruptura do silencio pasa polo coñecemento e o recoñecemento do seu valor e capacidade creativa.
Creadoras de Música ten como obxectivo dar a coñecer as composicións musicais e as
súas autoras -dende a Idade Media ata o Período Contemporáneo- postergadas durante séculos á escuridade da historia.
Preséntase nun concerto na Igrexa de San Pedro, o 24 de maio de 2008. A madriña de Cantar Delas, Lara Méndez López, participou naquela presentación.
Unha pequena selección do noso repertorio, onde poderedes consultar algunhas das nosas obras máis senlleiras, e tamén descargar as súas partituras.
Son moitas as actuacións que levamos desde que botamos a andar. Aquí podes atopar os próximos concertos…
Para proporcionar as experiencias mellores, utilizamos tecnoloxías como galletas para almacenar e/o información de dispositivo do acceso. Aceptando estas tecnoloxías deixarannos para procesar dato como botar unha ollada comportamento ou carnés de identidade únicos neste sitio. Non aceptando ou retirando consentimento, desfavorabelmente pode afectar funcións e características seguras.