CANTOS DE RAÍZ. DA RAÍZ DO CANTO. SAMOS
O día 1 de xuño de 2025, na praza Vergara Vilariño de Samos, tivo lugar un acto musical, para celebrar as raíces da música tradicional galega, coa participación de Cantar Delas e a colaboración de As Pandeireiteiras de Samos.
Cantar Delas interpretou o seu proxecto musical: MÚSICA DE RAÍZ. DA RAÍZ DO CANTO, unha proposta que reúne melodías que beben da tradición coral e da lírica popular, cun repertorio que mestura cancións tradicionais galegas e adaptacións de poemas de poetas como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro ou Xosé Luis Rivas Cruz, que xa forman parte do acerbo popular.
As Cantareiras de Samos interpretaron tres temas tradicionais: Agarrado Vila da Igrexa, Xota e muiñeira de Zanfoga e Xota de Caroi. O acto rematou coa interpretación conxunta das dúas agrupacións musicais do tema popular titulado O Verde gaio.
O acto contou co apoio da Deputación de Lugo a través da súa área de cultura e forma parte das actividades culturales que busca promover a cultura popular galega visibilizando o papel da muller na transmisión oral do canto tradicional.