CANTOS DE RAÍZ. DA RAÍZ DO CANTO NA POBRA DO BROLLÓN

O día 7 de xuño de 2025 Cantar Delas levou á Pobra do Brollón o seu proxecto musical CANTOS DE RAÍZ. DA RAÍZ DO CANTO coa colaboración da Coral Polifónica da Escola Tradicional de Música de Samoedo, para rendir homenaxe á literatura popular oral creada, conservada e transmitida polas cantareiras a través dos Cantos de raíz.

O concerto, que se celebrou na Casa da Cultura Olga Novo, encheu de emoción a un público entusiasta, reflexo do profundo apego que a comunidade ten  polas súas raíces musicais.

A Pobra viviu unha tarde de emoción compartida onde a música tradicional foi a protagonista.

O  evento contou coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello de A Pobra do Brollón.