CONCERTO DE OUTONO DE CORAIS
O salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Lugo, acolleu o sábado 8 de novembro o “Concerto de Outono de Corais”, nun encontro musical que reuniu a tres agrupacións corais que encheron o espazo de harmonía musical.
A iniciativa, organizada pola Asociación Sénior de Telefónica de Lugo xuntou a tres corais, dúas lucenses, Ecos do Miño-Astelu e Cantar Delas, así como á agrupación coruñesa Saúde, que ofreceron un variado repertorio de música coral
Co aforo completo, o concerto comezou ás 19:30 h e foi unha estupenda oportunidade para disfrutar da música e do talento das agrupacións participantes.
