FIN DE CURSO 2025
O día 30 de xuño, celebramos o fin de curso da nosa coral, cunha xornada de convivencia na Ribeira Sacra. Esta fermosa zona está situada entre a provincia de Lugo e Ourense e está bañada polos ríos Miño, Sil e Cabe. É un lugar espectacular para pasar un día de convivencia.
Empezamos a xornada nun autobús cara a Ponte do Sil en Doade para facer unha viaxe en catamarán de dúas horas de duración, deixándonos sorprender pola apacible paisaxe da Ribeira Sacra e navegando polo impactante Canón do Sil.
A música como punto de unión fixo acto de presencia desde o barco, pois cantando e observando a paisaxe, desfrutamos das nosas cancións populares e de marabillosas vistas de bosques, miradores, viñas e mosteiros.
A comida de confraternidade na casa Lelo tamén estivo aderezada de música e cantos que invadiron e engaiolaron a todos os alí presentes .
Posteriormente, trasladámonos ao Mosteiro de Santa María de Pantón, tamén coñecido como Mosteiro das Nais Bernardas ou tamén Mosteiro de San Salvador, primeiro benedictino e posteriormente cistercense. Este mosteiro mantivo a súa función, reservada exclusivamente para mulleres, dende a súa creación no século X ata o presente.
Na igrexa do mosterio, de estilo románico que data do século XII e ten un claustro renacentista do século XV, cantamos un fermoso concerto de música relixiosa que emocionou ao pouco público alí presente.
A especial xornada de confraternidade, foi unha experiencia inolvidable, tanto para as integrantes do coro, como para o director, e pon en valor a importancia da convivencia e da música como nexo de unión.