GRÂNDOLA, VILA MORENA

GRÂNDOLA, VILA MORENA

O 25 de abril de 2025, o concello de Lugo organizou un acto para conmemorar o Día da Revolución dos Caraveis, cun canto popular da canción  “Grândola, Vila Morena” na plaza da Mosqueira.

O acto foi un canto  popular aberto á participación da cidadanía, no que participaron as corais locais dirixidas por Fernando Gómez Jácome e Bruno Villamor.

Nesta homenaxe colectiva tamén se repartion caraveis vermellos, símbolo da revolución portuguesa, así como copias da letra da canción, co obxectivo de favorecer a participación activa de todas as persoas asistentes.

Grândola, Vila Morena representa o espítitu da revolución pacífica e ao mesmo tempo é unha chamada á unidade e á esperanza.