LETRAS GALEGAS 2025
LETRAS GALEGAS 2025
As mulleres foron as protagonistas do Día das Letras Galegas 2025, dedicado á poesía popular oral e ás creadoras de cantigas.
O concello de Lugo celebrou este día con diversos actos coa participación de cantareiras pola mañá e agrupacións corais pola tarde.
Ó longo da tarde, a Praza Maior converteuse nun gran escenario para os coros lucenses, onde múltiples formacións actuaron durante toda a tarde, interpretando marabillosas composicións da nosa tradición popular galega, finalizando ás 20:30 cunha actuación conxunta de todas as corais participantes, para cantar “O voso galo comadre” e o Himno galego”, dirixidos por Pablo Rico Echegarai, simbolizando a unión e a forza da música e da lingua galega.