XII CONCERTO DA LEMBRANZA

 

O día 8 de novembro de 2023, na Capela do Cemiterio de San Froilán de Lugo, celebrouse o XII Concerto da Lembraza que tivo unha gran acollida e que contou con gran afluencia de público . Este acto, que formaba parte do programa para a celebración da festividade de Santos, intégrase nunha serie de actuacións que teñen por obxecto a integración do  ementerio na vida social e cultural da cidade. Música, poesía, dedicatorias de lembrazas e queima de desexos, conformaron as actividades deste día.

CANTAR DELAS dirixidas polo seu director Fernando Gómez Jácome foron as encargadas de poñer música a este emotivo acto, cun repertorio especialmente escollido, de modo que os asistentes poideron disfrutar da calidez musical das interpretes neste especialrecinto, para lembrar e tamén para celebrar.