Actualidad
CONCERTO EN VIVEIRO
O Domingo 11 de agosto, organizado pola Coral Polifónica Alborada de Viveiro e patrocinado polo Excmo. Concello de Viveiro e polo FECOGA, celebrouse o XXXV FESTIVAL DE MÚSICA CORAL na vila de Viveiro.
As corais participantes foron: Coral Airiños de Campañó de Pontevedra, Coral do Hospital Xeral-Calde de Lugo, Cantar Delas, Coral Polifónica Alborada de Viveiro.
Ademais contouse coa colaboración especial da soprano Noa Outumuro González,acompañada ao piano por Ricardo Blanco Rodríguez.
LETRAS GALEGAS 2019
 Paseo literario coas corais de Lugo
Paseo literario coas corais de Lugo
Arrincará ás 18:00 horas, e percorrerá a rúa Bispo Aguirre e a Praza Maior, seguindo o paseo literario que existe nestes espazos. Actuarán 9 agrupacións: a Coral Lugh, a Coral Xolda, o Orfeón Lucense, o Coro do Hospital, a Coral E. do Miño, Cantar Delas, a Asociación Amigos do Camiño, Orfeón Xoán Montes e o Grupo Sólo Voces. Terá unha duración de 90 minutos e contará co xornalista Paco Nieto como presentador do concerto.
NOTA: se chove os concertos trasladaranse ao edificio do Vello Cárcere.
2019-04-29 CONCERTO NO CENTRO DE DÍA PARA MAIORES DE O CORGO
O luns 29 de abril, ás 17,30 actuaremos para os maiores de O Corgo no Centro de Día do Concello
 
CONCERTO EN MONTERROSO O SÁBADO 23 DE MARZO
Continuamos coa serie de concertos organizados pola celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, promovidos pola Deputación de Lugo.
CLAUSURA DO ACTO REFERENTES GALEGAS

Cantar Delas clausurou o martes 26 de febreiro o nacemento de Referentes Galegas, un proxecto de Executivas de Galicia que nace para dar visibilidade ás numerosas mulleres profesionais galegas
 
          




