A Deputación de Lugo promove o ciclo de concertos “Mulleres libres, sempre” da coral lucense Cantar Delas
Lugo, 22 de outubro de 2020.- A área de Cultura e a coral Cantar Delas promoven o ciclo de concertos “Mulleres libres, sempre”, cun repertorio artellado arredor de personaxes femininas que pasaron á historia pola loita contra as inxustizas e o cuestionamento da orde social.
Trátase dunha decena de pezas que pola súa temática ou cronoloxía evocan figuras femininas como María Balteira, María Castaña, María Pita, Pepa A Loba, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán ou Rosalía de Castro.