Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /var/www/clients/client59/web897/web/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

PRIMAVERA CORAL DE CHANTADA

 

Coa organización da Coral Polifónica de Chantada, a colaboración do Concello de Chantada e o patrocinio da Deputación de Lugo, o día 13 de maio de 2023, no Auditorio Municipal de Chantada, tivo lugar un “Concerto de Voces Brancas” no que participaron, O Obradoiro coral de voces brancas de Chantada, O coro infantil da Academia (ensinanza musical dende idades temperás) e Cantar Delas.

Tarde musical de bonitas e emocionantes cancións de tres coros de voces brancas, coa aportación especial da frescura e naturalidade das voces de 10 nenos e nenas de entre 6 e 9 anos do coro da Academia  que nos deleitaron con tres pezas infantis cheas de encanto  e inxenuidade.

Cantar Delas participou neste evento a través de Tradigalu 2023 que é un programa da Deputación de Lugo, que ten como obxectivo a  conservación, promoción e difusión da música tradicional e popular para espallar a grupos tradicionais, bandas e corais polas distintas comarcas da provincia.