CONCERTO DE OUTONO DE CORAIS
O salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Lugo, acolleu o sábado 8 de novembro o “Concerto de Outono de Corais”, nun encontro musical que reuniu a tres agrupacións corais que encheron o espazo de harmonía musical.
O domingo, 26 de outubro de 2025, ás 20:00 h tivo lugar, na Casa da Cultura de Vilalba, o concerto “Cantos de Raíz, da raíz do canto” coa participación das cantareiras Lambe, Lambe.
Na tarde do día 20 de setembro de 2025, nos colexios vellos de San Miguel de Reinante, estivemos presentando o noso proxecto musical “Cantos de Raíz, da Raíz do canto” facendo un percorrido que repasa a historia da música popular galega, desde as pezas transmitidas a través da oralidade ata os temas creados sobre os versos das voces poéticas máis senlleiras da nosa literatura, destacando a contribución das mulleres á creación, conservaci
O día 30 de xuño, celebramos o fin de curso da nosa coral, cunha xornada de convivencia na Ribeira Sacra. Esta fermosa zona está situada entre a provincia de Lugo e Ourense e está bañada polos ríos Miño, Sil e Cabe. É un lugar espectacular para pasar un día de convivencia.
O día 7 de xuño de 2025 Cantar Delas levou á Pobra do Brollón o seu proxecto musical CANTOS DE RAÍZ. DA RAÍZ DO CANTO coa colaboración da Coral Polifónica da Escola Tradicional de Música de Samoedo, para rendir homenaxe á literatura popular oral creada, conservada e transmitida polas cantareiras a través dos Cantos de raíz.
O día 1 de xuño de 2025, na praza Vergara Vilariño de Samos, tivo lugar un acto musical, para celebrar as raíces da música tradicional galega, coa participación de Cantar Delas e a colaboración de As Pandeireiteiras de Samos.
O 25 de maio, na Capela de Santa María de Lugo, ás 19:00 h, Cantar Delas coa colaboración das Cantareiras da A.C. de Cantigas e Frores renderon homenaxe á tradición e a memoria colectiva galega, co concerto titulado Cantos de raíz, da raíz do canto.
GRÂNDOLA, VILA MORENA
O día 1 de marzo, Cantar Delas, ofreceu o primeiro concerto do seu novo proxecto musical “Cantos de raíz. Da raíz do canto” no que se inclúen pezas tradicionais que foron transmitidas a través da música popular ademais doutras composicións nas que as mulleres ocupan un papel fundamental na conservación e anovación da música popular.