CONCERTO NA FONSAGRADA

O sábado 30 de marzo de 2024 ás 20:00 h, e dentro do ciclo de concertos “Con voz de muller”, organizados pola Deputación de Lugo, con motivo do 8M, o grupo coral CANTAR DELAS ofreceu no salón de actos dos Chaos de A Fonsagrada, o concerto CREADORAS DE MÚSICA, co obxectivo de dar a coñecer as composicións musicais e as súas creadoras, postergadas durante séculos á escuridade da historia.

A Fonsagrada, pequeño pobo da provincia de Lugo de expléndidas paisaxes de montaña, por onde pasa o camiño primitivo de Santiago, limítrofe con Asturias, acolleu con moito agarimo este especial repertorio de mulleres creadoras que abarca pezas dende o século XII ata a actualidade.