VII Encontro de Corais A Pobra do Brollón

A casa da cultura, Olga Novo, en A Pobra do Brollón, acolleu, o sábado 29 de abril, a partir das 18:30 horas, o VII Encontro de Corais da Pobra do Brollón, nun animado ambiente coral que reuniu a catro formacións musicais: Coral do Hula e Cantar Delas, de Lugo, Coral de renfe, de Monforte de Lemos e Coral da escola de música de Samoeiro de A Pobra do Brollón.

Con gran afluencia de público, resultou unha tarde de intercambio de experiencias corais, de cantos compartidos, de convivencia  e tamén de  gastronomía.