COROS POLA PAZ
Cantar Delas súmase á interpretación do Dona nobis pacem de Mozart o domingo 27 de marzo ás 12. Xuntarémonos na Praza de Santa María coas corais da nosa cidade e con todas aquelas persoas que desexen unirse a facer un CANTO POLA PAZ.
Cantar Delas súmase á interpretación do Dona nobis pacem de Mozart o domingo 27 de marzo ás 12. Xuntarémonos na Praza de Santa María coas corais da nosa cidade e con todas aquelas persoas que desexen unirse a facer un CANTO POLA PAZ.
A soprano compostelana, afincada en Madrid, Carmen Subrido Tubío, o día 13 de marzo de 2022, impartiu un curso intensivo de técnica vocal a compoñentes dos coros Lugh, Hospital Xeral e Cantar Delas para conseguir afianzar unha adecuada respiración e articulación que axude a mellorar o canto e a técnica vocal.
Foto publicada no diario El Progreso da actuación realizada en Sarria, o domingo 27 de febreiro.
O domingo 27 de febreiro actuaremos en Sarria, continuando co ciclo de concertos Carmina Viarum. O 6 de marzo, trasladarémonos a Palas de Rei para interpretar o mesmo concerto.
Como todos os anos participamos o pasado luns 20 de decembro nos cantos de Nadal organizados pola Deputación de Lugo.
O luns 27 de decembro repetiremos actuación a partir das 18,00 horas e co seguinte percorrido: fondo da Praza Maior - Rúa da Raíña- Rúa do Progreso
A fin de semana do 11 e 12 de decembro comezamos nova etapa de concertos: CARMINA VIARUM
O 25 de novembro Cantar Delas participou na homenaxe ás mulleres vítimas da violencia machista, no acto celebrado ás 17:30 na praza de Santo Domingo, onde se leu un manifesto, a cargo de Rosa Arcos Caamaño.
CONCERTOS EN MONTERROSO E LUGO
Seguimos co noso ciclo de concertos "Mulleres libres, sempre" promovidos pola área de Cultura da Deputación de Lugo.
O Sábado 19 de decembro actuaremos en Monterrroso ás 19 horas.
O Luns 21 de decembro actuaremos en Lugo , no Mercadiño de Nadal, ás 19 horas
O luns día 30, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, terá lugar o concerto 20 pezas para a Muralla, a cargo das corais do Hospital, Solo Voces e Cantar Delas.
As corais participantes interpretarán unha peza musical por cada un dos vinte anos da "nova vida" da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade.
PROGRAMA DO CONCERTO
Preséntase nun concerto na Igrexa de San Pedro, o 24 de maio de 2008. A madriña de Cantar Delas, Lara Méndez López, participou naquela presentación. Ver
Unha pequena selección do noso repertorio, onde poderedes consultar algunhas das nosas obras máis senlleiras, e tamén descargar as súas partituras. Ver
Son moitas as actuacións que levamos desde que botamos a andar. Aquí podes atopar carteis, folletos, fotografías, e moito máis... Ver
Só terás que facer unha proba co director do coro: cantar unhas escalas e reproducir uns exemplos musicais, para clasificar a túa voz e avaliar o teu oído musical. Ver
© 2018 Cantar Delas
27080 - Lugo - España
656 649 690 / cantardelas©cantardelas.com
Protección de datos
Desenvolvido por Galicia Digital
Zona Privada