NADAL NA RÚA
Nestas datas tan especiais, as rúas do centro histórico de Lugo, volveron encherse de música. música coral, para acercar o Nadal á ciudadanía a través da polifonía. Unha cita que xa é un clásico do Nadal lucense, e na que participan todas as corais da localidade.
O domingo, día 26 de novembro, ás 18.30 horas a capela de Santa María de Lugo acolleu o concerto Creadoras de Música, organizado por Cantar Delas co apoio de Deputación. Con esta iniciativa preténdese dar voz ás mulleres que durante séculos foron silenciadas no ámbito da cultura e da sociedade.
Samos, enclavado nun entorno natural privilexiado, é paso obrigado de todos os peregrinos e peregrinas que camiñan cara a Santiago e con motivo da programación, por parte do concello e a colaboración da deputación de Lugo, dos actos polo 25N, "Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”, o salón de actos, do seu centro Multiusos, acolleu o concerto de Cantar Delas, Creadoras de Música.
O día 11 de novembro de 2023 Cantar Delas presentou en Taboada, dentro do seu programa de actividades con motivo de 25-N, o proxecto musical CREADORAS DE MUSICA co obxetivo da dar a coñecer as composicións musicais femininas e as súas creadoras, postergadas durante séculos á escuridade da historia.
O día 8 de novembro de 2023, na Capela do Cemiterio de San Froilán de Lugo, celebrouse o XII Concerto da Lembraza que tivo unha gran acollida e que contou con gran afluencia de público . Este acto, que formaba parte do programa para a celebración da festividade de Santos, intégrase nunha serie de actuacións que teñen por obxecto a integración do cementerio na vida social e cultural da cidade. Música, poesía, dedicatorias de lembrazas e queima de desexos, conformaron as actividades deste día.
Con moitas actividades musicais e culturais, celébrouse en Lugo o día das Letras Galegas, que chega á súa 60 edición, rendíndolle homenaxe ao traductor, novelista, historiador, periodista ensaista e tamén editor, Francisco Fernández del Riego.
Coa organización da Coral Polifónica de Chantada, a colaboración do Concello de Chantada e o patrocinio da Deputación deLugo, o día 13 de maio de 2023, no Auditorio Municipal de Chantada, tivo lugar un “Concerto de Voces Brancas” no que participaron, O Obradoiro coral de voces brancas de Chantada, O coro infantil da Academia (ensinanza musical dende idades temperás) e Cantar Delas.
A casa da cultura, Olga Novo, en A Pobra do Brollón, acolleu, o sábado 29 de abril, a partir das 18:30 horas, o VII Encontro de Corais da Pobra do Brollón, nun animado ambiente coral que reuniu a catro formacións musicais: Coral do Hula e Cantar Delas, de Lugo, Coral de renfe, de Monforte de Lemos e Coral da escola de música de Samoeiro de A Pobra do Brollón.